Programa de Desenvolvemento Directivo para Empresas Alimentarias


Obxectivos do Programa

  • Comprender as claves do entorno e os seus efectos no sector alimentario e empresarial.
  • Desenvolver unha visión estratéxica e global da realidad empresarial para contribuír á mellora dos resultados da compañía.
  • Capacitar aos participantes na xestión eficiente de recursos financeiros e orzamentos, optimizando a rendabilidade e sustentabilidade das empresas do sector.
  • Fomentar as habilidades directivas e de liderado necesarias para xerar equipos colaboradores e competentes.
  • Debater sobre novos xeitos, máis eficientes, de asumir os retos que o mercado e a xestión do negocio na industria impoñen, fomentando o espírito de innovación.
  • Mellorar a efectividade na formulación e implementación da estratexia corporativa e desenvolver competencias directivas para a xestión eficiente de equipos, o exercicio do liderado e a toma de decisións gañadoras.

Este Programa é para ti se...

Eres directivo ou directiva dunha empresa do sector da alimentación e das bebidas, cun alto potencial de desenvolvemento, probada capacidade de liderado, motivado para aprender e aportar coñecementos e experiencias propias, cun mínimo de cinco anos de experiencia no sector.

Programa

Visión global

Este módulo servirá para introducir os aspectos principais do Management, ofrecendo dende o inicio unha visión actualizada da empresa e a súa contorna.

Contidos indicativos:

  • Entorno Económico
  • Estratexia Corporativa
  • Estratexia de Internacionalización
  • Economía Dixital
  • Negocios Sostibles

Visión transversal

Este módulo céntrase nas capacidades da organización que deben servir para afrontar os cambios. O proceso de reflexión, os exercicios e análises están enfocados en maximizar e adaptar os procesos de creación e captura de valor coma busca da vantaxe competitiva.

Contidos indicativos:

  • Fundamentos Económico financeiros
  • Diagnóstico Económico Financeiro
  • Planificación financeira e valoración de empresas
  • Marketing
  • Innovación e Design Thinking
  • Cadros de Mando e KPIs
  • Operacións
  • Experiencia de Cliente

Desenvolvemento de de liderado

Este módulo ofrece as ferramentas e habilidades necesarias para desenvolver líderes inspiradores, capaces de motivar e guiar aos seus equipos cara o éxito.

Contidos indicativos:

  • Liderado
  • Xestión de Equipos
  • Poder e influencia
  • Comunicación e Negociación
  • A atracción e retención de talento
  • Business Game

Claustro