Programa de Dirección de Empresas Alimentarias


Obxectivos do Programa

  • Adquirir unha perspectiva completa da empresa e superar as lagoas conceptuais frecuentes nos directivos (finanzas, contabilidade, dirección de equipos, transformación dixital e novas tendencias, etc.).
  • Melorar o coñecemento global da cadea agroalimentaria e os retos aos que se enfrontan os elos que a compoñen.
  • Proporcionar un espazo para o desenvolvemento e fortalecemento de habilidades clave, pensado para profesionais con axendas limitadas.
  • Identificar áreas de mellora e consolidar os aspectos nos que se obteñen bos resultados.
  • Ampliar horizontes e contactos; detectar oportunidades de negocio; relacionarse cun grupo de persoas con intereses comúns.
  • Revitalizar a carreira profesional e xerar valor.

Metodoloxía

Metodoloxía moi activa, totalmente práctica e participativa, centrada na análise e debate de casos de empresas reais que plantexan problemas e situacións de plena actualidade e interese no entorno actual, semellantes aos que afectan aos participantes no seu día a día, apoiados conceptualmente con notas técnicas e conferencias-coloquio que reforzan e axudan no aprendizaxe persoal.

Programa

Toma de decisións directivas

  • Toma de decisións complexas utilizando os criterios máis relevantes.
  • Identificación de dificultades de implementación no momento de decidir.
  • Métodos para mellorar a efectividade das decisións directivas.

Estratexia comercial

  • Deseño de propostas de valor e orientación ao mercado nun entorno competitivo.
  • Gestión de prezos, marcas e equipos comerciais en escenarios de alta competencia.
  • Retos e oportunidades no entorno dixital, mercados novos e negocios maduros.

Contabilidade, custos e control de xestión

  • Uso estratéxico da información financeira para a toma de decisións.
  • Análise do beneficio económico a través da xestión de custos.
  • Ferramentas para medir e controlar as variables críticas do negocio.

Finanzas para o directivo

  • Gestión de liquidez, solidez financeira e estrutura de débeda adecuada.
  • Evaluación de investimentos e uso práctico dos estados financeiros.
  • Claves para manter unha estrutura financeira sostible e eficiente.

Goberno da empresa

  • Estratexias para garantir a continuidade empresarial e a súa sostibilidade a longo prazo.
  • Configuración do negocio e estruturas de goberno, con énfase en empresas familiares.
  • Gestión de desafíos específicos do entorno institucional e da dirección.

Dirección de operacións

  • Optimización de procesos para mellorar a produtividade e competitividade.
  • Incrementar flexibilidade e eficiencia nas operacións do negocio.
  • Análise da eficacia operativa fronte aos retos do mercado.

Entorno económico

  • Impacto da economía global na cadea agroalimentaria.
  • Análise de tendencias económicas e como adaptarse a elas.

Dirixir persoas hoxe

  • Liderado efectivo: como motivar, dirixir e comprometer aos equipos.
  • Desenvolvemento do talento nun entorno competitivo.
  • Claves para fomentar o compromiso e a excelencia no equipo.

O novo entorno dixital

  • Estratexias para afrontar os retos da transformación dixital.
  • Oportunidades dixitais específicas para as empresas alimentarias.
  • Como integrar o entorno dixital na dirección empresarial.