Programa Formativo Sectorial

Programa Formativo Sectorial

Formación para mellorar a produtividade, competitividade e cualificación dos profesionais do sector alimentario.

O Clúster Alimentario de Galicia aposta pola formación empresarial como medio de apoio á mellora da produtividade, competitividade e cualificación dos profesionais que integran as empresas do sector alimentario. Por iso, actúa como facilitador para que os traballadores adquiran novos coñecementos e habilidades e se adapten aos últimos avances sectoriais, novas tecnoloxías ou metodoloxías de traballo innovadoras.

Deste xeito, Clusaga, en consonancia coa súa aposta polo talento, impulsa un programa de actividades formativas para empresas do sector alimentario, unha iniciativa que se enmarca no seu Plan de Formación 2024 e para a que conta co apoio do Ministerio de Educación, Formación Profesional. Formación e Deportes e a Consellería de Emprego e Promoción da Igualdade, enmarcados dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia dos fondos Next Generation EU.


Cursos

  • Curso de Estratexia Promocional para o Sector Alimentario

    Dirixido a profesionais do sector alimentario que buscan reforzar a súa competitividade cun plan de marketing B2B eficaz e ben executado.
  • Curso de Marketing Dixital para o Sector Alimentario

    Este curso está pensado para dotar aos profesionais do sector alimentario das ferramentas, coñecementos e habilidades necesarias para deseñar e executar accións dixitais eficaces.
  • Curso de Loxística e Trazabilidade no Sector Alimentario

    Este curso abordará os retos e novas perspectivas no deseño e xestión da cadea de subministración sostible no sector alimentario.
  • Curso de Transformación Dixital do Sector Alimentario

    Este curso ofrece unha visión integral da transformación dixital nas pemes, abordando tanto os cambios no entorno empresarial como as estratexias e modelos de negocio necesarios para adaptarse á era dixital.
  • Curso de Automatización e Robótica

    Este curso busca achegar as ferramentas necesarias para poder revisar a tecnoloxía que existe no mercado e os usos que se lle poden dar.
  • Curso de Ecodeseño de Envases Alimentarios

    O curso de ecodeseño de envases alimentarios capacita aos participantes na integración de estratexias sostibles no sector.
  • Curso de Metodoloxía de Traballo Scrum

    Coñece a metodoloxía Scrum para xestionar proxectos de forma áxil e coordinar diferentes equipos. Este curso práctico ofrece unha visión completa dos procesos de traballo Scrum, combinando explicacións teóricas...
  • Curso de Estratexia Comercial B2B

    O curso de Estratexia Comercial B2B está deseñado para actualizar e potenciar as habilidades dos profesionais que traballan no ámbito das vendas a empresas, tanto a nivel nacional como internacional.
  • Curso de Marketing Alimentario

    Neste curso, os participantes adquirirán coñecementos clave sobre os principios do marketing alimentario.
  • Curso de E-commerce

    O curso de E-Commerce está dirixido a técnicos e responsables de equipos de marketing, comunicación e comercialización que desexen ampliar os seus coñecementos no ámbito do comercio electrónico. O seu obxectivo é mellorar a visibilidade dos comercios online, atraer máis vendas e optimizar as métricas de impacto.