Aportando solucións, escoitando o sector, avanzando xuntos
En Clusaga estamos a deseñar o Plan Estratéxico 2026-2029 cun propósito claro: impulsar un sector alimentario galego innovador, sostible e altamente competitivo no mercado global.
Este plan céntrase en abordar os desafíos actuais e futuros do sector, mediante a dixitalización, a sustentabilidade ambiental, a expansión a novos mercados e o fortalecemento da Marca Galicia.
Progreso do Plan Estratéxico
Análise e diagnóstico
Proceso de escoita (actualmente)
Definición de obxectivos e eixos estratéxicos
Implementación e seguemento
Que obxectivos buscamos acadar?
O modelo de plan estratéxico será un proceso flexible e aberto, cun enfoque colaborativo, asegurando desde o inicio que todos os socios de Clusaga sexan parte do proceso
___
Posicionar a Clusaga como referente internacional
Contribuíndo a identificar os retos do sector
Validando as medidas do novo plan cos socios
Implicando aos socios na execución do plan estratéxico
___
Deseñar unha Estratexia para transformar o sector alimentario en Galicia
Realizando unha reflexión estratéxica
Coa participación dos socios de Clusaga no deseño da Estratexia de posicionamento
Dirixindo a impantación do plan estratéxico en colaboración cos socios