Clusaga desenvolve accións para impulsar o emprendemento vinculado á innovación aberta na cadea de valor.
O Plan estratéxico do Clusaga recolle o fomento do emprendemento empresarial de carácter innovador coma unha medida estrátexica, incluíndo as seguintes actuacións:1. Elaboración e difusión de información relativa a recursos, fontes de financiamento e medidas de apoio a emprendedores no sector alimentario.
2. Configuración dun programa de impulso do emprendemento de carácter innovador no sector alimentario, en colaboración con outras entidades (Business Factory Food).
3. Organización de actividades para facilitar a interaccion aberta dos emprendedores co ecosistema empresarial do clúster.
A finalidade é acelerar novos proxectos empresariais, atraendo talento, que acheguen solucións innovadoras ao sector industrial galego, que se consoliden no mercado cunha proxección internacional.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, poder compartir contidos noutras redes sociais, realizar estatísticas e mostrar publicidade. Pode cambiar a configuración ou obter máis información. Ler máis AceptarRexeitar