Innovación e I+D

Innovación e I+D

o desenvolvemento de novos procesos e alimentos máis sustentables, saudables e seguros

O impulso da I+D+i e incorporación das empresas á estratexia de innovación é un eixo do Plan Estratéxico do Clúster Alimentario de Galicia, asociado a dous obxectivos destacados:

  • Incorporar as empresas do clúster á estratexia da innovación e a dixitalización
  • Potenciar a articulación, coñecemento mutuo e colaboración entre os axentes do ecosistema galego de innovación no ámbito alimentario

As medidas de actuación máis destacadas, ademais do desenvolvemento de servizos de información, prospección e de divulgación de coñecemento, son o fomento da cooperación e creación de sinerxías entre empresas e centros de investigación e tecnolóxicos, e a dinamizacion de proxectos colaborativos e singulares.

O impulso e dinamización de proxectos cooperativos desenvólvese no marco de catro grupos de traballo:

  • Alimentos e ingredientes innovadores, seguros e saudables adaptados as tendencias de consumo.
  • Novos modelos produción e comercialización. Innovación en procesos e tecnoloxías. Dixitalización.
  • Sustentabilidade, economía circular e bioeconomía.
  • Loxística e distribución. Packaging innovador, sustentable e adaptado as tendencias consumo.

Proxectos

  • Smart4Cheese

    Impulso á dixitalización integral no sector lácteo de queixerías
  • MUSSELBLOCK

    Plataforma de certificación na cadea de valor do mexillón
  • Milktelligence

    Promoción da competitividade e a transición cara o liderado dixital no sector lácteo.
  • AgrifoodX5.0

    Fortalecemento da colaboración e o intercambio de boas prácticas e coñecemento entre clústeres
  • ENOTECH 4.0

    Desenvolvemento e validación de solucións de sensórica, visión artificial e big data para o sector vitivinícola.
  • YIELDCAN5.0

    Desenvolvemento dunha plataforma de monitorización e análise masiva de datos na fabricación de conservas de marisco e peixe
  • Photonics4Bakery

    Investigación da aplicabilidade de tecnoloxías fotónicas para mellorar os procesos das empresas do sector da panadaría
  • ML4MILK

    Desenvolvemento de plataforma de monitorización e análise masivo de datos para o sector lácteo
  • FoodTechINK

    Utilización de indicadores colorimétricos para control de calidade e da cadea de frío en alimentos frescos envasados.