Mercados

Mercados e internacionalización

o obxectivo é reforzar o posicionamiento das empresas nos mercados; a internacionalización e a adaptación ás tendencias do consumo.

O Plan Estratéxico do Clúster Alimentario de Galicia establece, asociados ao “Eixe 3. Mercados e internacionalización; acceso a novos mercados e adaptación ás tendencias do consumo”, as seguintes medidas:

  • Desenvolvemento de servizos de información, análise e prospección de mercados e tendencias do consumo
  • Organización de accións de promoción comercial conxunta; proxección da imaxe de marca “Galicia” no ámbito alimentario
  • Promoción de redes e alianzas comerciais e soporte á internacionalización das empresas
  • Mellora do posicionamento nos mercados, a través de acciones colaborativas por segmentos de mercado e canles de distribución
  • Potenciación dos vínculos das empresas alimentarias coa gastronomía e o turismo e impulso de novas canles de comercialización

A finalidade é construír o valor intanxible dunha marca, asociada a Galicia, que sexa recoñecida e valorada internacionalmente como de excelencia en alimentos e bebidas, tal e como recolle o Plan de Marketing Territorial do Clúster Alimentario de Galicia.


Proxectos