O pulo da sustentabilidade e incorporación das empresas á economía circular e á bioeconomía é un dos eixos do Plan Estratéxico do Clúster Alimentario de Galicia. Dentro dos obxectivos estratéxicos relacionados coa sustentabilidade atópanse:
As líñas temáticas priorizadas dentro do marco do eixo estratéxico de sustentabilidade son a redución e xestión sustentable dos residuos, a redución de desperdicios alimentarios, a produción sustentable (abastecemento sustentable, cálculo da pegada ambiental e optimización do uso dos recursos). Tamén se realizan actuacións relacionadas coa enerxía, enfocadas á redución do consumo e impulso de fontes alternativas; á valorización dos subprodutos; e á minimización do impacto ambiental dos envases.