Proxectos

Proxectos

Innovación, sustentabilidade, internacionalización, emprendemento e avance cara á fábrica do futuro: eixes estratéxicos de Clusaga

O Clúster Alimentario de Galicia traballa e colabora en diversos proxectos de ámbito rexional, nacional e europeo co obxectivo de impulsar a I+D+i e a capacidade innovadora do sector, promover o emprendemento, a sustentabilidade e o avance cara á fábrica do futuro, e reforzar o posicionamento das empresas e institucións nos mercados, a súa internacionalización e adaptación ás tendencias de consumo.