Atlantic Area Healthy Food Eco-System (AHFES) é un proxecto que busca mellorar a competitividade e crecemento das pemes na cadea de valor da alimentación saudable e a vida diaria, contribuíndo a desenvolver un ecosistema transnacional de innovación que axude ás entidades para acceder a información, partners e mercados e a aliñar os seus produtos e servizos ás necesidades e expectativas do consumidor.
Concretamente, AHFES ten como misión conseguir un ecosistema de cuádruple hélice (autoridades públicas, industria, investigación e cidadáns) no ámbito da alimentación saudable na área atlántica para o crecemento de pemes.
Obxectivos de AHFES
O ecosistema de cooperación do proxecto AHFES logrará os seguintes obxectivos:
- Fortalecer a cooperación nas áreas de alimentación, saúde e TIC, a través de mecanismos que faciliten a coordinación, intercambio de enfoques innovadores e servizos de apoio.
- Fomentar a competitividade e o crecemento das pemes, proporcionándolles para iso servizos de apoio avanzados e personalizados que lles permitan innovar en alimentos e estilos de vida saudables.
- Aumentar a conciencia dos consumidores sobre a importancia das innovacións e os actores existentes, obtendo a súa confianza e promovendo neles estilos de vida máis saudables.
Socios do proxecto AHFES
O consorcio do proxecto AHFES ten nove socios, todos eles membros dos estados da área atlántica (España, Portugal, Francia, Irlanda e Reino Unido): Northern Ireland Food & Drink Association, Association du Pole de Competivite - VALORIAL, EIT Food CLC South, S.L., National University of Ireland Galway, Instituto Nacional de Saúde Dr. Ricardo Jorge, InovCluster - Associação do Clúster Agroindustrial do Centro, BIC Innovation, Llywodraeth Cymru (associated partner) e Clúster Alimentario de Galicia (lead partner).
Este proxecto está cofinanciado polo Programa Interreg Espazo Atlántico a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ten unha duración de tres anos (do 1 de marzo de 2019 ao 28 de febreiro de 2022).