O obxectivo xeral do B-Resilient - Building the biomass resilience of food producing and processing SMEs through green and digitalised value chains é capacitar ás pemes produtoras e transformadoras de alimentos para que sexan máis resilientes mediante un uso óptimo da biomasa.
Esta iniciativa abrirá oportunidades ás pemes agroalimentarias para despregar novos modelos de negocio e servizos de base biolóxica, creando continuidade empresarial para os seus propios actores e para outros actores da cadea de valor. Ademais, adoptaranse tecnoloxías dixitais para permitir a creación de novas solucións circulares, aumentando a súa sustentabilidade económica e ecolóxica. Deste modo, o proxecto contribuirá a crear resiliencia no ecosistema agroalimentario e a acelerar a transición das pemes cara unha economía verde e dixital, cumprindo os obxectivos clave da Estratexia Industrial actualizada da UE.
B-Resilient é un proxecto coordinado por Wagralim e dinamizado por un consorcio conformado polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), Flanders' Food, Association du Pole de Competivite Valorial (Valorial), Pole Europeen Innovation Alimentation Bien-Etre Naturalite (Innov'Alliance), Clúster FOOD+I (FOOD +i), Clust-Er Agroalimentare (C-ER) e Agrotechnologiki Exagogiki Simbraxi (AGROTECHEXPORT). Trátase dunha iniciativa financiada pola Unión Europea no marco do programa SMP-COSME-2021-CLUSTER-01.
Programa de cheques de apoio á competitividad das pemes
No marco do proxecto B- Resilient, poranse a disposición de pemes agroalimentarias catro tipos de cheques:
- Cheques de Plan de Continuidade Empresarial (PCN): ata 17.000€ para apoiar o soporte individual en materia de orientación e recursos fronte ás perturbacións: permiten ás pemes dispor dun plan concreto para facer fronte a crises inesperadas.
- Cheques de innovación: ata 27.000€ para apoiar proxectos individuais ou colectivos (máximo 3 empresas; 27.000€ por empresa) para realizar proxectos de innovación, estudos de mercado, mellora de procesos,...
- Cheques de internacionalización: hasta 7.500€ para apoiar a internacionalización permitindo que as empresas se dirixan a novos mercados para o seu produto ou servizo resiliente á biomasa, por exemplo, na busca de socios ou a avaliación comparativa de novos territorios, plan de negocio, estudo de mercado, ou stand nunha exposición nun tercer país.
- Cheques de Mobilidade: ata 600€ para apoiar a participación no evento Challenge & Innovation, organizado no marco deste proxecto.