DIG4.0VO (Investigación industrial para o desenvolvemento dunha plataforma colaborativa baseada en IA para conseguir unha cadea de valor do ovo competitiva, sostible e comprometida co benestar animal) ten por obxectivo mellorar a competitividade das pemes do sector avícola de posta e nace como resposta aos numerosos desafíos do sector nos últimos anos. O seu obxectivo é despregar unha batería de innovacións baseadas na implementación de solucións de Biotecnoloxía e Intelixencia Artificial (IA) nos procesos chave, focalizando en alimentación, benestar animal, calidade e optimización dos procesos operativos, sen que isto comprometa a eficiencia e rendibilidade das empresas.
O proxecto plantexa optimizar a alimentación para a mellora do benestar animal, reducir a incidencia de enfermedades e mejorar a dixestibilidade animal, a través da incorporación de novos postbióticos. Ademais, desenvolveranse formulacións de penso baseadas na reutilización de subprodutos da industria alimentaria, que favorecerán a estimulación da posta de ovo, fortalecerán os sistemas inmune e dixestivo, e mellorarán a calidade do ovo en xeral.
Asimesmo, para controlar todos os procesos, desenvolverase unha plataforma colaborativa que empregará IA para monitorizar todos os datos produtivos, a xestión de insumos e enerxía para xenerar os mellores escenarios de produción baixo as premisas iniciais do proxecto: a optimización da calidade do produto e o incremento da eficiencia dos procesos para maximizar a rendibilidade da produción.
O consorcio do proxecto está conformado pola empresa do sector avícola Campomayor, a empresa de alimentación animal funcional Pentabiol, a tecnolóxica ASM Soft, a Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), e a consultora de innovación e sustentabilidade no sector alimentario Medrar Smart Solutions.
DIG4.0VO recibe financiamento da convocatoria 2023 do programa de apoio ás Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI) do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e está coordinado polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga).