O Clúster Alimentario de Galicia puxo en marcha, co apoio da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), o portal agregador business to business (B2B) Galicia Food & Drink en Alibaba.
Con el, Clusaga impulsou a entrada dunha vintena de empresas de alimentos e bebidas de Galicia en Alibaba, a plataforma de comercio electrónico B2B máis grande do mundo que conecta a empresas exportadoras con empresas importadoras.
O portal Galicia Food & Drink forma parte das accións desenvolvidas por a Comisión de Mercados e Internacional de Clusaga para facilitar o acceso da industria alimentaria galega a novos mercados. Concretamente, este espazo de venda online conectará aos vendedores galegos con compradores internacionais de máis de 190 países.
O agregador Galicia Food & Drink en Alibaba permite a varias empresas socias de Clusaga compartir un mesmo sitio dentro do portal para vender os seus produtos máis interesantes a nivel internacional.
Polo momento, atópase nel as seguintes empresas do sector alimentario galego socias de Clusaga: Grupo Pereira Productos del Mar, Frigoríficos Arcos (A Pulpeira), Cafés Candelas, Quival (El Nogal), Cooperativa Vitivinícola Arousana (Paco & Lola), Innolact (Quescrem), Vinigalicia, Torre de Núñez de Conturiz, Novafrigsa (Grupo Coren), Viña Costeira, Bodegas Martín Códax, Cooperativas Lácteas Unidas, Panadería Toñito, Dairylac (GALACTEUM), Grupo Leche Río, Mieles Anta e Porto-Muiños.
O desenvolvemento de este proxecto impulsado por Clusaga contou coa cofinanciación do Igape, a Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional do Programa Operativo 2014-2020 dentro da acción de promoción exterior conxunta (Galicia Exporta Organismos Intermedios). IGE208.2020.1.29.