O proxecto ENOTECH 4.0 “Desenvolvemento e validación de solucións de sensórica, visión artificial e big data para o sector vitivinícola” ten por obxectivo impulsar o uso de tecnoloxías e solucións dixitais –concretamente sensórica IoT, visión artificial e big data, e machine learning e deep learning– no sector vitivinícola, para axudar a mellorar o rendemento produtivo e a calidade do produto (viño).
ENOTECH 4.0 aborda a necesidade do sector vitivinícola de mellorar a súa produtividade mediante a recollida, monitorización e análise de datos no viñedo e a bodega. Isto permitirá ás empresas vitivinícolas tomar decisións mellores e máis áxiles nos seus procesos, tales como a vendimia, a fermentación ou o embotellamento.
O resultado que persegue o proxecto é desenvolver e validar unha plataforma para a recollida, monitorización e análise de big data, tomados mediante sensores IoT e de visión artificial, no entorno da produción vitivinícola. Deste modo as bodegas poderán testar algoritmos de analítica avanzada, machine learning e deep learning, optimizando así as súas operacións.
ENOTECH 4.0 é un proxecto estratéxico interclúster (promovido por Clusaga, Innovi e Packaging Cluster) e interterritorial (implicando a empresas de Galicia e Cataluña), deseñado para promover a competitividade e a transición cara o liderazgo dixital no sector vitivinícola. Recibe financiación da convocatoria 2022 do programa de apoio ás Agrupaciones Empresariales Innovadoras (AEI) do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e está coordinado polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga).
Tres empresas socias de Clusaga – Bodega Viña Costeira, Bodegas Martín Códax e TripleAlpha Innovation– participan no proxecto coma partners.
Obxectivos de ENOTECH 4.0
- Estudar o potencial impacto de diferentes variables críticas de cultivo (viñedo) e de produción (bodega) sobre os KPIs de negocio e seleccionar aqueles factores clave para incrementar a produtividade e a calidade do produto.
- Definir as BATs (Best Avaliable Technologies) que permitan monitorizar as variables seleccionadas e automatizar a recollida de datos necesarios para a súa xestión en tempo real a un baixo custo.
- Desenvolver novas formas de xestión, análise e visualización dos datos e principais KPIs que se xeran nos viñedos e nos procesos produtivos que permitan aos produtores e transformadores optimizar a toma de decisións.