Obxectivos do proxecto
O proxecto EXPORT PLUS (“Sistema Transnacional de Apoio á Internacionalización das Pemes Agroalimentarias Artesanais – SAIPAA”), ten como principal obxectivo a mellora e transferencia a outras rexións incluídas nas áreas de cooperación do Programa Interreg España-Portugal POCTEP 2021-2027, dun innovador Sistema Transnacional de Apoio á Internacionalización das Pemes Agroalimentarias Artesanais. Procúrase conseguir aumentar o volume de exportacións da área de cooperación, ao tempo que se mellora a competitividade destas pemes e se crea valor cara ao exterior. O proxecto pretende seguir aumentando as exportacións a través da mellora da comercialización externa dos seus produtos agroalimentarios artesanais, e da integración dos diferentes clústeres empresariais implicados. Así, o proxecto busca continuar apoiando ás pemes e micropemes a transitar dende a súa situación actual ata unha configuración máis competitiva e rendible, adaptada ao mercado internacional actual, mellorando o sistema de exportación creado e posto en marcha en proxectos anteriores. Proponse, ademais, un sistema mellorado e actualizado ás demandas actuais do mercado, que sufriu cambios significativos nos seus modos loxísticos e operacionais e nos custos derivados dos mesmos, debido a circunstancias, como o COVID-19 e a guerra de Ucraína.
Ámbito de actuación
As empresas beneficiarias deben proceder das seguintes rexións de España e Portugal: Andalucía (Sevilla, Huelva, Cádiz e Córdoba), Galicia (A Coruña, Pontevedra, Lugo e Ourense), Alentejo (Central e Baixo) e Centro (Beira Baixa e Beiras e Serra de Estrela).
Resultados esperados
EXPORT PLUS parte dun enfoque da exportación diferente e complementario ao tradicional. Nas grandes empresas preconízase unha exportación individual por cada empresa, que require un proceso de investimento significativo. En Export Plus deseñase, mellórase e transfírese un sistema de apoio á exportación, formulado como un servizo ás empresas, composto por diferentes elementos:
- Sistema loxístico de consolidación e agrupación de pequenos pedidos.
- Catálogo comercial onde se representen as pemes e os produtos agroalimentarios artesanais como ferramenta para o apoio á venda.
- Fortalecemento da figura do representante comercial. Repartidos por diferentes mercados europeos, conformarán unha Rede de Representantes Comerciais común para as rexións beneficiarias e serán capaces de presentar os produtos agroalimentarios grazas aos elementos de venda que integran o proxecto, como o catálogo, as feiras, as misións inversas e demais accións promocionais.
Datas de execución
Xaneiro 2023 – Xuño 2026
Orzamento
Total: 1.328.319
Andanatura: 379.000
Convocatoria
Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP 2021-2027).
Socios
- LANDALUZ – Asociación Empresarial Clúster Agroalimentario de Andalucía (beneficiario principal).
- Fundación Andanatura para o Desenvolvemento Socioeconómico Sostible.
- CLUSAGA – Asociación Clúster Alimentario de Galicia
- NERE – Núcleo Empresarial da Rexión de Évora.
- AEBB – Associação Empresarial da Beira Baixa.
- Associação Industrial Portuguesa – CCI (AIP-CCI).
Financiamento
Proxecto cofinanciado nun 75% pola Unión Europea a través do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP 2021-2027).