O proxecto europeo F2F (Farm to Fork) Health Matters é unha aceleradora de internacionalización para pemes agroalimentarias innovadoras, impulsada por unha alianza de cinco clústeres europeos: Wagralim (Bélgica), Clusaga (España), BioEconomy Cluster (Eslovaquia), InovCluster (Portugal) e Valorial (Francia).
Está financiado polo Programa Europeo para a Competitividade das Pequenas e Medianas Empresas (COSME) no marco do European Strategic Cluster Partnerships - Going International (ESCP-4i).
Obxectivos do proxecto
O obxectivo de F2F Health Matters é promover o desenvolvemento conxunto de servizos de internacionalizacion colaborativa cun claro enfoque xeográfico para ofrecer apoio práctico para que un conxunto de pemes das rexións participantes especializadas nos sectores da biotecnoloxía e a alimentación desenvolvan unha folla de ruta internacional.
Para isto definiuse unha estratexia baseada en proporcionar un paquete completo de servizos para impulsar a colaboración internacional e o desenvolvemento comercial ao grupo de pemes participantes.
Recursos a disposición das pemes participantes
O proxecto orientouse a cinco mercados obxectivo para o sector alimentario: Canadá, Corea do Sur, Emiratos Árabes Unidos, Vietnam e Xapón. Atendendo á información analizada para cada mercado, seleccionaranse tres destes mercados aos que se dirixirá a estratexia internacional.
Os recursos aos que terán acceso as pemes participantes en F2F Health Matters son:
- Apoio en intelixencia de negocios e mercado. Un informe de cada país de destino estará dispoñible con información sobre o mercado e os actores clave.
- Programas de formación e capacitación. Mentores e coaches membros da rede dos clústeres brindarán capacitación personalizada ás pemes en campos como a regulación, o acceso ou o posicionamento no mercado.
- Misións comerciais, eventos B2B, matchmaking e networking nos mercados obxectivo. O proxecto F2F Health Matters organizará axendas B2B para as pemes seleccionadas, en misións integradas en feiras e eventos de innovación alimentaria existentes.
- Cheques de internacionalización. Implementarase un sistema de cheques destinados a apoiar a participación das pemes nas misións internacionais.