Food-scalEUp - Expanding the European digital agri-food acceleration ecosystem é un proxecto europeo colaborativo financiado pola convocatoria European Innovation Ecosystems do programa Horizon Europe. O proxecto estará en marcha desde setembro de 2022 ata agosto de 2024.
A visión a longo prazo do proxecto é construír a capacidade dos ecosistemas de innovación dixital agroalimentaria rexionais europeos, especialmente nas rexións innovadoras "emerxentes" e "moderadas", para:
- Estar mellor conectados entre as súas partes interesadas rexionais pero tamén con outros ecosistemas rexionais europeos, avanzando así cara a un ecosistema acelerador europeo.
- Ser máis eficientes, fomentando o éxito da aceleración das startups e pemes tecnolóxicas.
- Ter un maior impacto, en canto á promoción da transición dixital e verde da industria alimentaria.
- Ser máis resilientes e, polo tanto, seguir sendo eficaces en situacións de crise e en condicións moi cambiantes.
- Ser recoñecidos internacionalmente e atractivos para empresas doutros países.
Obxectivos de Food-ScalEUp
Os obxectivos xerais do proxecto Food_scalEUp inclúen:
- Desenvolver servizos de aceleración empresarial de maior calidade en ecosistemas de innovación dixital agroalimentaria de rexións innovadoras emerxentes e moderadas;
- Ampliar as conexións, o intercambio de coñecementos, a colaboración a nivel rexional, europeo e internacional, entre persoas clave representativas dos diferentes actores dos ecosistemas de innovación dixital agroalimentaria implicados no proxecto; e
- Equilibrar a expansión de start-ups e pemes e a creación de emprego local de alto valor engadido nas rexións europeas implicadas no proxecto, equilibrando a capacidade dos ecosistemas de innovación e aceleración dixital agroalimentaria nesas rexións.
O proxecto está coordinado por Clusaga e implica un total de 10 organizacións que abarcan 11 rexións de 5 países. Os socios son: Agrifood Capital BV; Centro Europeo de Empresas e Innovacion de Navarra SL; Kozep-Dunantuli Regionalis Innovacios Ugynokseg Nonprofit KFT; Food-Processing Initiative E. V; Stichting Food Valley ; Pole Europeen Innovation Alimentation Bien-Etre Naturalite; Association du Pole de Competivite Valorial; Technopole Quimper Cornouaille; e Normandie Incubation.