O proxecto FoodTeckINK ten como obxectivo xeral analizar a aplicabilidade industrial de indicadores colorimétricos para monitorizar a frescura e calidade do alimento fresco envasado. Estos indicadores colorimétricos están baseados en tintas intelixentes que se integran en etiquetas (smart-labels) non invasivas e que permiten aportar datos reais da calidade do produto fresco envasado ao largo de toda a cadea de valor.
Con este proxecto preténdese avanzar en sistemas de packaging intelixente para produto fresco envasado que permita, de forma non invasiva, monitorizar a calidade do produto e minimizar a taxa de desperdicio de este tipo de alimento no sector alimentario.
FoodTechINK está sendo financiado polo Ministerio de Industria, Comercio y Turismo na convocatoria 2021 do programa de apoio ás Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI). Está coordinado polo Clúster Alimentario de Galicia e conta coa participación do Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), e as empresas ColorSensing S.L., Cofrico S.L. e Vegalsa-Eroski S.L.
Obxectivos de FoodTeckInk
- Establecer o impacto económico e principais problemas asociados ao procesado e realización dos controis de calidade actuais para alimento fresco envasado ao longo da cadea de valor.
- Identificar e caracterizar a través da literatura e probas de vida útil os parámetros máis relevantes que poidan determinar a frescura de carne e peixe, e que servirán para o prototipado preliminar de etiquetas intelixentes para a determinación da frescura do alimento.
- Caracterizar a cadea de frío e aquilos factores de maior impacto na conservación do alimento fresco envasado e que servirán para o deseño de tintas intelixentes con capacidade de informar sobre a propia cadea de frío.
- Establecer a viabilidade económica e escalabilidade da tecnoloxía de packaging intelixente basado en etiquetas colorimétricas a través dunha proba de concepto realizada nun lineal piloto.
- Elaborar estudos de innovación tecnolóxica e de mercado sobre etiquetas intelixentes.
- Difundir a potencialidade das tintas intelixentes e das etiquetas colorimétricas de código bidimensional unívoco para seguimento da calidade do produto fresco envasado, especialmente a través dos resultados do proxecto.