O proxecto GEMIAL desenvolve un xemelgo dixital federado para a industria alimentaria que integra IoT, IA, visión artificial, realidade virtual e arquitectura multi-nube co obxectivo de sincronizar a planificación da produción coa xestión do frío industrial. O consorcio está composto por oito entidades que combinan coñecemento sectorial e capacidade tecnolóxica: dúas Agrupacións Empresariais Innovadoras (CLUSAGA e DIHGIGAL) e seis empresas (SOLTEC, PANOIMAGEN, GRADHOC, ECO3G, IGNACIO GONZÁLEZ MONTES e COESCO DEZA).
Obxectivos
- Desenvolvemento dun ecosistema dixital para optimizar a eficiencia enerxética, a trazabilidade e a sustentabilidade na industria alimentaria.
- Creación dun marco de datos común e unha plataforma que integre xemelgos dixitais.
- Uso de sensórica avanzada e modelos preditivos para automatizar datos e anticipar consumos enerxéticos.
- Validación en contornas reais con modelos produtivos push e pull.
- Garantía de ciberseguridade e cumprimento de requisitos normativos e ESG.
Impacto
O proxecto GEMIAL impulsará a competitividade e a sustentabilidade da industria alimentaria mediante a redución de custos enerxéticos e desperdicios, a dixitalización de procesos con tecnoloxías 4.0 e a mellora da trazabilidade e eficiencia operativa, contribuíndo ademais ao cumprimento normativo e á transición ecolóxica e tecnolóxica do sector.
Consorcio do proxecto
- Empresas agroalimentarias: IGNACIO GONZÁLEZ MONTES e COESCO DEZA / COCINA CULINARIA.
- Empresas tecnolóxicas: SOLTEC, PANOIMAGEN e GRADHOC.
- Empresas especializadas en sustentabilidade e eficiencia enerxética: ECO3G.
- AEI: CLUSAGA (entidade líder) e DIHGIGAL (colaboradora).
Beneficios
A integración de tecnoloxías como IA, IoT e xemelgos dixitais permite desenvolver unha solución flexible e escalable que optimiza o consumo enerxético, mellora a trazabilidade e sustentabilidade dos procesos, reduce o desperdicio alimentario e facilita o cumprimento normativo, ao tempo que elimina silos de información e mellora a eficiencia operativa e a competitividade das empresas, especialmente das pemes do sector agroalimentario.
Financiamento
GEMIAL recibe financiamento da convocatoria 2025 do programa de apoio ás Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI) do Ministerio de Industria e Turismo, e está coordinado polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga).










