O proxecto HSI-FOOD - Investigación sobre a aplicabilidade industrial de tecnoloxía fotónica hiperespectral para a determinación de parámetros de calidade en alimentos ten por obxectivo xeral testar o uso de tecnoloxía fotónica hiperespectral para a determinación de parámetros de calidade en materias primas e produto final en diferentes matrices alimentarias. Para iso, utilizarase un prototipo de cámara hiperespectral para realizar medicións dos parámetros de maior interese para unha serie de matrices alimentarias determinadas, co obxectivo de buscar correlacións a través dun modelo matemático que habilite a predición destes parámetros obxectivo.
HSI-FOOD recibe financiamento da convocatoria 2020 do programa de apoio ás Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI) do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.
O proxecto está coordinado por Clusaga, sendo socios o centro tecnolóxico Anfaco-Cecopesca, e as empresas Freshcut SL e Lugar da Veiga SLL.
Obxectivos de HSI-FOOD
- Avaliar o encaixe da tecnoloxía hiperespectral dentro do proceso produtivo das empresas, buscando melloras no control de calidade das materias primas e produtos.
- Implementar técnicas de machine learning e sistemas de procesado computacional intensivo que permitan desenvolver modelos matemáticos preditivos de caracterización cuantitativa nutricional ou cuantitativa de materias primas, produto intermedio ou final sobre o proceso produtivo.
- Analizar mecanismos que permitan habilitar a súa implementación efectiva nos procesos industriais e así romper as barreiras tecnolóxicas e reducir os custes actuais.