O proxecto IMPRESS busca impulsar a economía bio-basada mariña e de auga doce en Europa a través da co-creación, oferta e promoción de novos produtos e procesos mellorados utilizando especies de baixo nivel trófico (LTS). O seu obxectivo é proporcionar solucións concretas para o cambio de dieta europeo mediante a innovación interactiva baseada no coñecemento.
As actividades de IMPRESS céntranse en mellorar a rendibilidade, circularidade, dispoñibilidade, asequibilidade e aceptabilidade dos novos produtos e cadeas de valor desenvolvidos a partir das augas continentais e costeiras de Europa. Amósanse solucións innovadoras baseadas no enfoque de ecosistema para a produción sostible e a utilización de recursos. Ademais, promóvese a participación de múltiples actores a través de paneles consultivos e obradoiros participativos con todos os interesados e actores das cadeas de valor. Tamén se realizan avaliacións de sustentabilidade e se promoven modelos de negocio circular para involucrar á industria, os consumidores e a comunidade en xeral, seguindo a metodoloxía de IMPRESS. Clusaga contribuirá ao proxecto fortalecendo esta conexión coas tendencias de mercado e os intereses da industria.
IMPRESS é un proxecto europeo financiado por Horizon Europe, no que o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e ANFACO-CECOPESCA colaboran coma socios. O consorcio, coordinado por Teagasc (Autoridade Irlandesa para o Desenvolvemento da Agricultura e a Alimentación) está formado por 14 organizacións de 6 países da Unión Europea, e busca fortalecer o enfoque de múltiples actores ao reunir institutos académicos e de investigación, empresas industriais, provedores de servizos e organizacións sen fins de lucro do sector agro-rural.
Obxectivos e actividades de IMPRESS
Os obxectivos específicos inclúen:
- Aplicar un enfoque participativo do usuario no proceso de innovación para lograr una produción, consumo e eliminación responsables dos residuos de especies de baixo nivel trófico (LTS) e garantir a sustentabilidade social dos resultados do proxecto.
- Desenvolver programas integrais de formación e divulgación para profesionais da economía azul e promover o intercambio de resultados e mellores prácticas.
- Desenvolver novas cadeas de valor utilizando un enfoque de cero residuos a partir dos fluxos de procesamento das especies de baixo nivel trófico.
- Avaliar e mellorar a sustentabilidade ambiental e económica das novas e existentes cadeas de valor desenvolvidas para as especies de baixo nivel trófico.
- Co-crear, ofrecer e promover unha ampla gama de novos produtos alimentarios e piensos a partir das especies de baixo nivel trófico, incluíndo envases formulados para cumprir cos requisitos dos consumidores.