LAZTEO: Regreso ao futuro do sector lácteo – innovación en territorio ten como obxectivo mellorar a sustentabilidade e reducir o impacto ambiental da industria láctea galega. O proxecto levarase a cabo entre 2024 e 2027 e integra tecnoloxías avanzadas de smart farming, como drons, IoT, intelixencia artificial e agricultura rexenerativa, para optimizar o uso de recursos, reducir as emisións e mellorar a dixitalización do sector. Ademais, promóvese prácticas agroganadeiras sostibles, como o uso de aditivos antimetanoxénicos e fontes de proteína alternativas, contribuíndo a unha produción máis eficiente e menos impactante para o medio ambiente.
Principais liñas de actuación
O proxecto estrutúrase arredor de dúas grandes áreas de actuación complementarias: o desenvolvemento de prácticas sostibles adaptadas ao sector lácteo galego e a implementación de tecnoloxías avanzadas de dixitalización. A combinación destes enfoques permitirá reducir o impacto ambiental, optimizar os recursos e promover un modelo de produción máis eficiente e respectuoso co medio ambiente.
Prácticas agro-gandeiras sostibles
- Desenvolvemento de aditivos antimetanoxénicos a partir de materias primas locais como macroalgas e residuos forestais.
- Investigación en proteínas alternativas para substituír a soia importada e reducir a pegada ambiental.
- Aplicación de agricultura rexenerativa adaptada ás características dos solos galegos, reducindo emisións de N₂O e mellorando a biodiversidade.
Tecnoloxías de Smart Farming
- Uso de drones e sensores IoT para monitorizar en tempo real a saúde dos cultivos e dos solos.
- Desenvolvemento de xemelgos dixitais para a análise e optimización de datos de explotacións agro-gandeiras.
- Implementación de collares intelixentes para sistemas de valado virtual, mellorando a xestión de pastos extensivos.
- Integración de intelixencia artificial (IA), Cloud Computing e Machine Learning para procesar datos de explotacións e optimizar a toma de decisóns.
Entidades participantes
- Liderado por: Cooperativa Agraria Provincial de A Coruña SCG (Bico de Xeado)
- Participantes: Porto-Muiños S.L., Innogando S.L., Elmega S.L., Alfaprogal (Alternative Fats and Proteins of Galicia S.L.U.), Cartogalicia S.L.
- Colaboradores: Medrar Smart Solutions, AGACA, CIAM, Universidade de Santiago de Compostela (USC), Clusaga e outros 8 colaboradores tecnolóxicos.
Impacto esperado
O proxecto LAZTEO busca contribuir na redución da pegada de carbono, hídrica e ecolóxica da industria láctea galega nun 10% para 2030, promovendo a optimización dos recursos agrarios e gandeiros a través da dixitalización e do uso de tecnoloxías avanzadas. Ademais, ten como obxectivo a mellora da biodiversidade e da capacidade de absorción de CO₂ nos solos agrarios, desenvolvendo ferramentas innovadoras que impulsen a sustentabilidade e a eficiencia produtiva, consolidando a Galicia como un referente en innovación agro-gandeira.