O Clúster Alimentario de Galicia elaborou un plan de actuacións para mellorar o posicionamento das empresas alimentarias galegas nos mercados, prestando especial atención á internacionalización e aos mercados en crecemento, que están a xerar os cambios na demanda. En particular, o programa Meet the Buyer desenvolve un plan de misións comerciais inversas e directas que permiten establecer relacións directas entre as empresas produtoras de alimentos e bebidas de Galicia e os compradores chave de distintos mercados de ámbito internacional.
Os obxectivos do programa son promover o establecemento e consolidación de contactos para o establecemento de acordos cara a internacionalización das empresas asociadas, reforzar a presenza nos segmentos de mercado con maior expansión, reforzar a imaxe de marca Galicia no ámbito alimentario e promover a partipación en eventos e feiras internacionais.
Estas actuacións están apoiadas polo programa Galicia Exporta Organismos Intermedios do Instituto Galego de Promoción Económica, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, programa operativo Feder Galicia 2014-2020.