Milktelligence aborda a necesidade do sector lácteo de mellorar a súa produtividade mediante a recollida de datos, sensorización e visualización de indicadores clave para a industria láctea. Por iso, este proxecto suporá importantes avances sobre o control de stocks nas ganderías, permitirá organizar o subministro por parte da empresa, así como relacionar o alimento en mal estado co rendemento produtivo.
Esta iniciativa pretende deseñar, desenvolver e validar unha nova plataforma colaborativa para os sectores primario e secundario que permita, a través do deseño de dashboards específicos, a toma de decisións áxiles en base a criterios de maximización de rendemento produtivo, sanidade animal e calidade de produtos.
Milktelligence é un proxecto estratéxico promovido polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), que implica dúas empresas tecnolóxicas (PS Vet Dairyquality e Innogando) e tres empresas alimentarias (GALACTEUM, Feiraco e Cooperativa Agraria Provincial de A Coruña); e financiado no marco do programa de apoio a AEIs do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. O seu obxectivo xeral é promover a competitividade e a transición cara o liderado dixital no sector lácteo.
Obxectivos específicos do proxecto
- Analizar as necesidades das granxas leiteiras en base á estratexia e mercado das industrias lácteas.
- Definir e instalar a sensórica de recollida de datos nas granxas seleccionadas.
- Desenvolver unha plataforma de recollida e analítica de datos.
- Establecer os KPIs de interese para as granxas leiteiras e realizar os dashboards usando BI para a visualización dos mesmos.
- Validar o funcionamento e aplicabilidade dos dashboards nas granxas leiteiras e corrixir as posibles desviacións.