O proxecto ML4Milk “Desenvolvemento e validación de técnicas de procesado masivo de datos para a optimización do rendemento de procesos produtivos e da calidade do produto final no sector lácteo e a súa cadea de valor” ten por obxectivo xeral incrementar o rendimento produtivo, a calidade do leite e a calidade dos produtos lácteos finais mediante a mellora das condicións de operación en granxa e de procesado en fábrica a través de técnicas de machine learning.
O proxecto dará lugar ao desenvolvemento e validación dunha plataforma de monitorización e análise masivo de datos para o sector lácteo que permita optimizar as variables de proceso a partir da sensorización IoT das condicións de procesado, tanto en granxa como no entorno de fábrica.
ML4Milk recibe financiamento da convocatoria 2021 do programa de apoio ás Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI) do Ministerio de Industria, Comercio y Turismo e está coordinado polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga).
As empresas Casa Grande de Xanceda S.L., Glaücor Ingeniería S.A., Queizuar S.L. e TripleAlpha Innovation S.L., todas elas entidades socias do Clusaga, participan no proxecto como partners.
Obxetivos de ML4Milk
- Estudar o potencial impacto de diferentes variables críticas de granxa e do proceso sobre os KPIs de negocio e seleccionar aquilos factores chave para incrementar a productividade do leite e dos seus produtos derivados, así como a calidade final dos mesmos.
- Definir as BATs (Best Avaliable Technologies) que permitan monitorizar as variables seleccionadas e automatizar a recollida de datos necesarios para a súa xestión en tempo real a un baixo coste.
- Desenvolver novas formas de xestión, análise e visualización dos datos e principais KPIs que se xeran nas granxas y en los procesos productivos que permitan a los productores y transformadores optimizar la toma de decisiones.