O proxecto Photnics4Bakery ten coma obxectivo xeral avanzar na transformación dixital das empresas do sector da panadaría mediante a investigación da aplicabilidade das tecnoloxías fotónicas en mellora dos procesos dende a materia prima ata o produto final.
Con este proxecto preténdese obtenr un estudo crítico sobre a utilidade de dúas tecnoloxías fotónicas: NIR (Near InfraRed spectroscopy) e HSI (HiperSpectral Imaging) na determinación non invasiva de diferentes parámetros de calidade e seguridade alimentaria, que condicionan o proceso produtivo do sector.
Photnics4Bakery está financiado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo na convocatoria 2021B do programa de apoio ás Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI). Levarase a cabo por un consorcio coordinado polo Clúster Alimentario de Galicia, que integra á AEI Vitartis e ás empresas AOTECH, ATRIA Innovation, Sanbrandán, Lamastelle e DaVeiga.
Obxectivos de Photonics4Bakery
- Avaliar o encaixe das tecnoloxías NIR e HSI dentro do proceso produtivo das empresas, buscando melloras no control de calidade d as materias primas, procesos intermedios e produto final.
- Avanzar na implementación de técnicas de machine learning e sistemas de procesado computacional intensivo que permitan o desenvolvemento de novas ferramentas non invasivas para a caracterización calitativa e cuantitativa de materias primas, produto intermedio ou final ao longo do proceso produtivo.
- Analizar os mecanismos que permitan habilitar a súa implantación efectiva nos procesos industriais estudados, promovendo a transformación dixital das empresas e reducindo os seus custos actuais.
Entidades beneficiarias
Publicacións
Informe: Aplicación da fotónica e outras tecnoloxías innovadoras na industria alimentaria