O obxectivo xeral do proxecto MUSSELBLOCK é desenvolver, na cadena de valor do mexillón certificado, un sistema seguro e fiable que garanta a veracidade e inalterabilidade da información asociado á trazabilidade e seguridade alimentaria, incluíndo a alimentación automatizada de toma de datos con IoT e aplicación de Intelixencia Artificial e Machine Learning para a realización de modelos de análise predictivos.
Este proxecto suporá importantes avances sobre a mellora de procesos mediante sensorización (IoT), dixitalización, optimización de procesos documentales e integración de toda a cadea de valor nunha solución digital baseada en blockchain.
MUSSELBLOCK é un proxecto estratéxico na cadena de valor do mexillón de Galicia, coordinado desde Clusaga, e no que participan as entidades socias Perfect Numbers, Triple Alpha, Elige Data e Consejo Regulador de la Denominacion de Origen Protegida Mexillon de Galicia, e a colaboración do asociado Tastelab. Esta iniciativa está financiada polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo a través da convocatoria 2022B do programa de apoio a AEIs.
Obxectivos do proxecto
- Desenvolver unha solución piloto de trazabilidade baseada en blockchain que garanta a inalterabilidad de datos na cadea de valor do mexillón certificado pola D.O, integrando ademais un sistema de captura automática de datos a través de IoT e APIs que garanta a veracidade dos datos.
- Mellorar a competitividade, eficiencia global e rendibilidade da cadea de valor do mexillón certificado cun modelo de análise predictiva, ofrecendo estimacións de volúmenes e rendementos futuros e permitiendo anticipar colleitas, decisións de compra ou planificación de producións.
- Integrar a IoT, a plataforma blockchain, e os modelos predictivos, para garantir a fiabilidade dos datos en toda a cadea de valor e facilitar a detección de perdas de calidade e/ou seguridade.