O obxectivo xeral de Smar4Cheese é impulsar a dixitalización integral no sector lácteo de queixerías, a través da investigación industrial en tecnoloxías innovadoras de fotónica online e algoritmos avanzados que permita mellorar a sustentabilidade do sector.
No marco deste proxecto xeraranse novas ferramentas de control de calidade e optimización da toma de decisións para a redución de consumos grazas á IA e á implicación de tecnoloxías de IoT para a comprobación de parámetros de calidade. Ademais, xerarase unha plataforma dotada de IA que permitirá mellorar o rendemento enerxético de todos os procesos e contribuír a optimizar as variables clave.
O proxecto está liderado por Clusaga e conta coa participación das empresas socias Grupo Entrepinares, Queizúar, ASM Soft, Medrar Smart Solutions, ANFACO-CECOPESCA e ITG - Instituto Tecnológico de Galicia. Smart4Cheese é unha iniciativa financiada polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo a través da convocatoria 2022B do programa de apoio a AEIs.
Obxectivos do proxecto
- Mellorar o control da trazabilidade a través de NIR portátil e control con App que permita coñecer en tempo real as posibles desviacións e calidades do leite que afecten á produción.
- Creación dunha plataforma de BI dotada de IA que permita unha visualización de todos os procesos clave para aforrar tempo na toma de decisións.
- Definición de variables e procesos críticos en planta grazas á recollida masiva, repercutindo nos KPIs de sustentabilidade das empresas queixeiras involucradas.
- Mellora da percepción da sustentabilidade do sector cara o consumidor mediante a selección dos produtos que cumpran o binomio de baixa pegadaa de carbono e máis sustentables económicamente para a empresa.