O proxecto SmartLabels é unha iniciativa interclúster e transautonómica, promovida por organizacións das comunidades autónomas de Cataluña e Galicia, que ten como obxectivo desenvolver e testar novas tecnoloxías de impresión, nun ambiente representativo, especificamente electrónica impresa e códigos bidimensionais con tintas invisibles, para a fabricación de etiquetas intelixentes alimentadas con tecnoloxía sen contacto.
Smartlabels recibe financiamento da convocatoria 2020 do programa de apoio ás Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI) do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.
O consorcio do proxecto está formado por dous clústeres, o Packaging Cluster de Cataluña (coordinador do proxecto), o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), o centro tecnolóxico Eurecat, e as empresas IPE Industria Gráfica, Cooperativa Vitivinícola Arousana SCG (Paco & Lola) e Bodegas Matarromera.
Obxectivos de SmartLabels
- Deseñar, desenvolver e probar etiquetas intelixentes que integren antenas NFC nun ambiente operativo, incluído o desenvolvemento dunha aplicación móbil para lelas
- Deseñar, desenvolver e probar etiquetas con tinta invisible e código bidimensional único nun ambiente operativo
- Extraer conclusións sobre a validación de ambas tecnoloxías de impresión, avaliando os beneficios e a viabilidade de integrar cada unha das tecnoloxías nos procesos de produción das adegas
- Preparar estudos de mercado e innovación tecnolóxica en etiquetas intelixentes
- Difundir o potencial da electrónica impresa e as etiquetas de tinta invisible e un código bidimensional único para rastrexar a trazabilidade no sector vitivinícola en xeral, especialmente a través dos resultados do proxecto