VitIA 5.0 (Aplicación de tecnoloxías DATA á cadea de elaboración do viño para predicir e xestionar a súa calidade da viña ao supermercado) é un proxecto estratéxico deseñado para mellorar a competitividade do sector vitivinícola, aplicando técnicas de Intelixencia Artificial (IA) nos procesos de elaboración de viños, desde a viticultura ata a enoloxía, e recomendando pautas de actuación en función de variables clave, acelerando así o proceso de transformación dixital do sector.
Esta iniciativa recibe financiación da convocatoria 2023 do programa de apoio ás Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI) do Ministerio de Industria, Comercio y Turismo e está coordinado polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga).
O proxecto aborda a necesidade do sector vitivinícola de mellorar a súa produtividade e sustentabilidade mediante a aplicación de técnicas de IA que permitan actuar sobre as distintas fases dos procesos de viticultura e enoloxía a partir de datos e análises sensorialis. Así, en VitIA 5.0 aplicaranse as últimas tecnoloxías dispoñibles en captura de datos e sensorización (IoT), tratamento de datos mediante modelos analíticos preditivos e de recomendacións (IA), incluíndo capas de ciberseguridade e rastrexabilidade con tecnoloxía Blockchain.
O consorcio do proxecto está conformado por dúas bodegas referentes nas Denominacións de Orixe Ribeiro e Rías Baixas (Viña Costeira, S.C.G. e Cooperativa Vitivinícola Arousana, S.C.G.), seis empresas tecnolóxicas expertas nos campos da sensórica, análise e intelixencia de datos, intelixencia artificial, análise sensorial, ciberseguridade e rastrexabilidade (Nova Industria Galega, S.L., Data Monitoring, S.L., Microfy Systems, S.L., Tastelab, S.L., Seresco, S.A. e Inprosec Auto, S.L.) e un centro tecnolóxico especifico vitivinícola (Fundació Parc Tecnològic del Vi).