O proxecto YIELDCAN5.0, “Desenvolvemento e validación de técnicas de procesado masivo de datos na optimización dos procesos produtivos, a sustentabilidade e a calidade do produto final no sector conservas de pescado”, ten coma obxectivo xeral incrementar o rendemento produtivo e a calidade final dos produtos no sector conserveiro: conservas de pescado e marisco.
Con este proxecto preténdese obter o desenvolvemento e validación dunha plataforma de monitorización e análise masiva de datos nas etapas finais do proceso de fabricación e envasado, xa que son las etapas máis susceptibles de optimización desde o punto de vista de redución de mermas e mellora da calidade.
YIELDCAN5.0 foi financiado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo na convocatoria 2022 do programa de apoio ás Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI). Lévase a cabo por un consorcio coordinado polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), que integra a dúas pemes do sector conserveiro (Palacio de Oriente e Real Conservera), unha gran empresa do sector conserveiro (Conservas Rianxeira) e dúas entidades tecnolóxicas (ANFACO-CECOPESCA e TripleAlpha Innovation).
Obxectivos de YIELDCAN5.0
- Estudar o potencial impacto de diferentes variables críticas de proceso sobre os KPIs de negocio e seleccionar aqueles factores clave para incrementar a redución de mermas, así como a calidade final dos mesmos.
- Definir as BATs (Best Avaliable Technologies) que permitan monitorizar as variables seleccionadas e automatizar a recollida de datos necesarios para a súa xestión en tempo real a un baixo custo. Neste sentido contamos con tres contornas de fabricación con diferente intensidade tecnolóxica.
- Desenvolver novas formas de xestión, análise (mediante técnicas de ML) e visualización dos datos que permitan aos responsables de produción y xestores optimizar a toma de decisións