Catálogo de Servizos de Clusaga
Coñecer o comportamento dos consumidores, afondar na estratexia de internacionalización e posicionamento en mercados exteriores, facer da sustentabilidade e a economía circular unha inversión a futuro, revisar tendencias e innovacións ou apostar pola dixitalización e a execución de proxectos de I+D+i, forman parte dos Servizos ofertados por Clusaga para dar resposta ao desafío da mellora continua e a diferenciación de produtos en mercados competitivos.
Insights
A investigación é unha das chaves que garante o éxito na toma de decisións estratéxicas, xa que orienta na mellora do posicionamento das marcas, incrementa a diferenciación dos seus produtos e contribúe á adquisición de relevancia en mercados globalizados e competitivos.
Circulariza
A sustentabilidade e a economía circular proporcionan ás empresas os medios necesarios para garantir o crecemento eficiente e equilibrado no tempo, á vez que favorecen a implementación dunha estratexia adaptativa ás novas esixencias normativas, nos eidos social, económico e ambiental.
Innpulsa
A innovación é un elemento estratéxico da política empresarial, permitindo crear novos produtos ou servizos diferenciados e de maior calidade, así como procesos produtivos máis eficientes; incrementando así a competitividade e obtendo vantaxes fronte aos competidores.
Exporta
A internacionalización preséntase como un dos principais elementos para garantir o crecemento e as perspectivas de futuro das organizacións. Por iso, a día de hoxe, o acceso aos mercados internacionais constitúe unha prioridade estratéxica das empresas.