Circulariza

Servizo de apoio á mellora da sustentabilidade e a adaptación á economía circular

Garante o crecemento sostible ao longo do tempo e a adaptación ás novas esixencias normativas, sociais e ambientais. 

Circulariza é un servizo que facilita ás empresas alimentarias a transición verde, permitindo coñecer o seu potencial para facer significante a súa contribución desde o foco da sustentabilidade e a economía circular, ao tempo que favorece a súa incorporación á bioeconomía.

A través de Circulariza, as empresas terán a oportunidade de adiantarse ás novas regulacións e normativas en materia de sustentabilidade, repensando o seu uso da auga e a enerxía, cal e a valorización que fan dos residuos, como reducir o seu desperdicio alimentario, como fornecer a súa estratexia ou alcanzar a neutralidade climática.

Circulariza é un servizo con tres Modalidades:

  • CSE. A Diagnose de Sustentabilidade permite medir, afondar e avaliar o grao de desenvolvemento sostible da empresa e de incorporación de procesos de economía circular. Tras a Diagnose, as empresas poden abordar o camiño cara a transición verde e a incorporación da sustentabilidade na súa estratexia, que conforma o seu Compromiso de Sustentabilidade Empresarial (CSE).
  • Reproverde. Apoiar ás empresas na súa adaptación ao cambio climático e na súa inmersión na bioeconomía. A revisión de procesos actuais permite redeseñar procesos, máis sostibles e eficientes, que permitan optimizar o uso de recursos (auga e enerxía), afrontar a descarbonización e redución de emisións ou a mellora da xestión de residuos e desperdicio alimentario.
  • Ecointelixencia. Analizar o marco lexislativo da actividade da empresa, así como dos principais competidores da mesma, con especial interese en produtos upcycling. Identificar posibles provedores ou socios colaborativos que permitan crear sinerxías, afianzar alianzas sectoriais ou simbiose industrial para a transición verde.