Servizo de apoio á internacionalización empresarial.
O acceso a mercados exteriores é chave para garantir o crecemento e as perspectivas de futuro das empresas do sector alimentario.
Exporta é un servizo que permite realizar unha análise sobre o potencial de internacionalización da empresa e a detección de oportunidades nos mercados mediante a extracción e interpretación de información adaptada ás necesidades do cliente.
O obxectivo é ofrecer un servizo profesional e individualizado para dotar ás empresas de ferramentas útiles que lles faciliten a toma de decisións na adopción de medidas que incrementen a súa competitividade nos mercados exteriores.
Exporta é un servizo con tres Modalidades:
- Market Intelligence. Ofrece información personalizada sobre mercados para dar resposta ás necesidades particulares de cada empresa no seu camiño internacional. A internacionalización é un proceso esixente que require unha actividade continua de investigación e adaptación para identificar e aproveitar as oportunidades que ofrecen os mercados exteriores e tomar decisións estratéxicas axeitadas.
- Internacionaliza. Apoio ás empresas para desenvolver un plan de internacionalización completo, que inclúe a realización dunha análise preliminar da compañía e unha selección de mercados de acordo ás capacidades e obxectivos da mesma. A isto súmase a definición da estratexia de entrada e plan de acción adaptados a cada mercado para aumentar as posibilidades de éxito.
- E-Consulting. Programa de coaching personalizado enfocado aos mercados internacionais obxectivo (tanto offline como online). O servizo ofrécese xunto con colaboradores externos e ten como foco formar en materia de internacionalización empresarial afondando nas diferentes estratexias de entrada a novos mercados por tipoloxía de canles, convencionais e dixitais.