Persoas

Nos programas de formación, coaching e mentoring apóstase polo desenvolvemento profesional das persoas

para potenciar a competitividade das empresas do sector a través da capacitación e a colaboración.

A través de diversos programas de formación e xornadas apóstase fortemente pola innovación, o acceso aos mercados, o desenvolvemento profesional das persoas e a excelencia operativa para potenciar a competitividade das empresas do sector, grazas á capacitación e a colaboración.

Os participantes teñen á súa disposición diversos programas de formación xeral e formación específica adaptada ás súas necesidades concretas que lles permita adquirir os coñecementos necesarios para o seu desenvolvemento no ámbito empresarial e coñecementos técnicos específicos.

Estes compleméntanse con programas de coaching específicos coa misión de aplicar os coñecementos adquiridos á situación concreta de cada unha das empresas mediante a acción de coaches especializados. Así como un programa de mentoring, no caso dos proxectos de emprendemento, que permitirá conducir a súa evolución e guialos no seu desenvolvemento da proposta de valor. O panel de coaches e mentores está conformado por profesionais experimentados do sector e expertos no ámbito concreto de desenvolvemento.

Así mesmo, os cursos, programas e xornadas organizadas polo Clusaga favorecen o establecemento de redes de relación e colaboración entre expertos, alumnos e empresas, que transcenden o ámbito formativo, respondendo con iso ao obxectivo de favorecer a competitividade sectorial a través da colaboración.