Insights

Ferramenta de intelixencia competitiva mediante a análise dos produtos, consumidores e competidores

con implicacións nos procesos de innovación e comercialización, que permite orientar a estratexia das empresas.

Insights Market - Inmarket permite obter e sistematizar información do mercado global de alimentos e bebidas, establecendo unha ferramenta de intelixencia competitiva que permite coñecer e adaptarse ás tendencias máis recentes do mercado global dos alimentos e das bebidas, detectando oportunidades e ameazas e orientando a estratexia empresarial.

Clusaga realiza, usando bases de datos globais, unha análise profunda sobre mercados e competidores, novos lanzamentos, ingredientes, envases e packaging e outros aspectos que axuden a un mellor coñecemento da contorna, aplicable ao ámbito da innovación, á mellora de produtos ou procesos e á comercialización.

O servizo compleméntase con Insights Consumer, que permite o estudo e análise do comportamento do consumidor e as tendencias do consumo relacionadas. Ademais, con acceso a unha contorna de compra real, Marketlab, que permite a análise dos criterios de elección no punto de venda. Esta ferramenta facilita, mediante unha análise cualitativa ou cuantitativa comparada, adaptar os produtos á preferencia do consumidor, con implicacións no deseño do produto, envase ou na súa propia formulación.

Desta forma, Insights prové un informe individualizado que axuda a garantir o éxito no mercado dos produtos e marcas asociadas, a través da investigación do mercado e do consumidor, con implicacións nos procesos de innovación e comercialización, optimizando as estratexias para seguir.

Publicacións