Servizo de información e apoio á innovación.
A incorporación das empresas do sector alimentario á estratexia de innovación é fundamental para garantir a súa competitividade.
Innpulsa é un servizo de apoio á innovación nas empresas alimentarias en sentido amplo. Abrangue as varias vertentes, coma a xeración de información estratéxica, a incorporación de competencias chave para levar a cabo con éxito unha estratexia de innovación e tamén o apoio durante todo o ciclo de vida dun proxecto.
Deste xeito, o servizo pretende contribuír a incrementar o nivel de innovación das pemes alimentarias, acrecentando así a súa competitividade.
Innpulsa é un servizo con dúas Modalidades:
- Innpulsa (In)forma. Información e formación sobre aspectos fundamentais para a estratexia de I+D+i da empresa. Dispor de información adaptada sobre tendencias, competidores, provedores e oportunidades, así como contar coas competencias necesarias no equipo son aspectos chave para o éxito dunha estratexia de innovación e, polo tanto, para o éxito da estratexia empresarial.
- Innpulsa Proxecta. Apoio personalizado ao longo de todo o ciclo de vida dun proxecto de innovación ou dixitalización. A identificación de necesidades e oportunidades de innovación nunha empresa, sumada ao apoio para a definición e execución de proxectos empresariais axudará a incrementar o nivel de innovación do sector alimentario.