Innstrategy

Innstrategy permite definir unha folla de roteiro nos ámbitos da innovación, a tecnoloxía e o modelo de negocio

permitindo a implantación de solucións innovadoras para unha mellor posición competitiva das empresas.

Innstrategy pretende proporcionar soporte ás empresas asociadas na definición dunha folla de roteiro coa definición de liñas estratéxicas e un plan de acción a partir dun diagnóstico individualizado previo nos ámbitos da tecnoloxía e unha análise do modelo de negocio (CANVAS) para o desenvolvemento dunha idea innovadora que facilite unha mellora da posición competitiva.

O plan parte da análise da información da empresa e da contorna competitiva, e conclúe un plan para o desenvolvemento de accións nos ámbitos da innovación e tecnoloxía, que deriven nunha mellora do seu modelo organizativo, dos seus procesos de produción e comercialización e nunha maior diferenciación dos produtos.

Ao mesmo tempo, poderán recibir o asesoramento sobre a planificación dun proxecto, a identificación de oportunidades de financiamento e programas de apoio e o establecemento de alianzas con socios colaboradores.

Ademais, o servizo ofrece asistencia baixo demanda en formato helpdesk resolvendo as cuestións e demandas de información de forma individualizada.