Insights

Ferramenta de intelixencia competitiva mediante a análise de produtos, mercados e consumidores 

que permite orientar a estratexia das empresas nos procesos de innovación e comercialización.

O servizo Insights de Clusaga realiza a extracción, análise e interpretación de información axustada ás necesidades do cliente, por medio dun sistema de vixilancia competitiva que permite obter información do mercado global de alimentos e bebidas, en función da tipoloxía de produtos, estratexias ou os mercados de interese. Esta información permite ás empresas identificar elementos do entorno competitivo que poden influír no desenvolvemento da empresa, facilitar a toma de decisións estratéxicas na innovación ou na comercialización, e detectar novas oportunidades de negocio, dando resposta ás tendencias máis novas do mercado.

O servizo brinda respostas as necesidades das empresas por medio do rastrexo de novos produtos do mercado, análise de factores clave de cada categoría, análise da evolución do mercado e identificación de novos ingredientes, provedores e formatos, e consulta da lexislación vixente. Asemade, permite entender o comportamento de compra do consumidor e descubrir as principais tendencias de consumo.

Consta de tres modalidades:

  • Análise de novos produtos, que permite rastrexar os novos lanzamentos e as súas características incluíndo categorías e evolución, competencia e provedores en máis de 90 países.  O coñecemento das novidades no mercado e posicionamento da competencia é indispensable para a diferenciación.
  • Análise do consumidor, que está baseada na investigación do comportamento do consumidor e das tendencias de consumo.  A comprensión das necesidades de consumo, motivacións e comportamento do consumidor é clave para o desenvolvemento de estratexias de marketing e innovación.
  •  Análise de ingredientes innovadores, que inclúe a análise da lexislación aplicable e declaracións de saúde e información ao consumidor. Estes recursos son útiles para a entrada e posicionamento no mercado.
  • Análise de ingredientes innovadores e de lexislación, que inclúe tanto a análise de tendencias e ingredientes innovadores, como de lexislación e información ao consumidor. Estos recursos son útiles para a entrada e posicionamiento no mercado.

Publicacións