Clúster Alimentario de Galicia
Fortalecemento, potenciación, crecemento sostible e mellora da competitividade e internacionalización do sector alimentario de Galicia.
O sector dos alimentos e as bebidas é estratéxico en Galicia pola súa dimensión e a súa transcendencia socioeconómica. Neste contexto, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) opera nunha estrutura organizada do sector alimentario galego, integrando en procesos de cooperación a empresas, entidades de investigación e innovación e outras organizacións, para fortalecer o sector. O liderado de Clusaga baséase en transformar plans en accións, atopando os medios para desenvolver novas ideas para mellorar a posición competitiva dos seus asociados, co conseguinte incremento da rendibilidade de xeito sostible.
O seu papel é observar o panorama xeral, anticipar tendencias e establecer prioridades e estratexias de posicionamento; e impulsar a cooperación con acordos, redes e alianzas entre as empresas, así como proxectos conxuntos con outros axentes. En liña co anterior, Clusaga traballa para construír o valor intanxible da marca Galicia que, asociada a alimentos e bebidas, sexa recoñecida e valorada internacionalmente como de excelencia.
Misión
Cooperación e creación de oportunidades para o sector
A principal misión de Clusaga é contribuír ao fortalecemento, potenciación, crecemento sostible e mellora da competitividade e o posicionamento no mercado global do sector alimentario galego, a través da innovación, a colaboración e a creación de novas oportunidades de negocio.
Visión
Posicionar o sector alimentario de Galicia como referente de excelencia
Clusaga configúrase como un instrumento estratéxico para situar o sector alimentario galego como referente global a través do pulo á competitividade e á vinculación deste á calidade e a excelencia da marca Galicia en alimentación.
Para isto, Clusaga, en tanto aglutinante del sector, aspira a agrupar os recursos e as competencias dos principais axentes da cadea de valor dos alimentos e as bebidas para traballar de xeito colaborativo, efectivo e enfocado a un obxectivo común: aproveitar o alto potencial do sector para un crecemento significativo, sostible e innovador, que permita afianzar o seu liderado e o seu impacto positivo na sociedade.
Valores
Colaboración, compromiso, innovación, transparencia e excelencia
Os principais valores que inspiran a acción en Clusaga e que guían a súa actuación teñen que ver coa colaboración, entendida como traballo en equipa encamiñado a un obxectivo común; o compromiso, no sentido da responsabilidade e entusiasmo sobre os proxectos e a organización; a innovación, en relación coa xeración de procesos ou produtos novos ou mellorados; a transparencia, facilitando información de xeito clara, veraz e útil; e a excelencia, que implica superarse día a día.
Obxectivos
Defínense catro obxectivos principais e un instrumental para a potenciación da dinámica de cooperación, paralela á competencia, entre todos os axentes da cadea de valor.
- Incorporar ás empresas do clúster á estratexia da innovación e a dixitalización.
- Reforzar a capacidade de adaptación e o posicionamento nos mercados das empresas do clúster.
- Incorporar ás empresas do clúster na estratexia da economía circular e a bioeconomía para favorecer a transición cara un sector máis sustentable.
- Impulsar o desenvolvemento de novos procesos e produtos sustentables e alimentos saudables, seguros e favorecer un consumo máis responsable.
- Consolidar o liderado do clúster no sector alimentario.
Plan estratéxico
Defínese en cinco eixes de actuación xerarquizados en tres eixes articuladores (eixe 1, 2 y 3), un eixe transversal (eixe 3) e un eixe instrumental (eixe 5)
EIXES ARTICULADORES
- Eixe 1. Impulso da I+D+i e incorporación das empresas á estratexia de innovación
- Eixe 2. Mercados e internacionalización; adaptación aos cambios no consumo e impulso de novos modelos e canles de comercialización
- Eixe 3. Impulso da sustentabilidad e incorporación das empresas á economía circular e á bioeconomía
EIXE TRANSVERSAL
- Eixe 4. Transformación dixital e industria 4.0, captación e formación de talento e emprendimiento
EIXE INSTRUMENTAL
- Eixe 5. Reforzamento e proxección de Clusaga