Información corporativa

Imaxe Corporativa

O Manual de Identidade Visual Corporativa é unha normativa de aplicación básica e obrigada sobre o uso do imagotipo en todas as comunicacións internas e externas establecidas para a entidade

O Clúster Alimentario de Galicia é unha marca que representa ao conxunto de produtos de orixe galega. A iconografía representativa ten a inspiración en catro grupos de actividade: carne, pesca, agro e elaborados. As cores primarias utilizadas para crear a identidade gráfica asócianse a eses sectores de actividade principal, a partir dos cales desenvólvense todos os produtos que se inclúen no Clúster. O símbolo que acompaña ao logotipo conforma un tótem con reminiscencias celtas propias da terra galega. En xeral, liñas sinxelas, evocadoras, dinámicas e fluídas que xogan cos baleiros dun símbolo cheo de significado.

O Manual de Identidade Visual Corporativa é unha normativa de aplicación básica e obrigada sobre o uso do imagotipo en todas as comunicacións internas e externas establecidas para a entidade. Ademais, o mesmo, é un elemento de fortalecemento e mellora da identidade corporativa e dos valores diferenciais do Clúster Alimentario de Galicia.