Convocatoria | XI Edición dos Premios Galicia Alimentación
Prazo aberto ata o 15 de maio de 2025 ás 14.00 horas
Clusaga convoca por décimo primeiro ano consecutivo os Premios Galicia Alimentación co obxectivo de recoñecer e visibilizar as mellores prácticas en emprendemento, dixitalización, innovación, calidade, excelencia, sustentabilidade, proxección e estratexia de mercado do sector, a través de cinco premios:
Na Categoría Alimentos e Bebidas:
- Premio Galicia Alimentación ao Produto Innovador
- Premio Galicia Alimentación ao Produto Excelente
Na Categoría Iniciativas do Sector Alimentario:
- Premio Galicia Alimentación á Proxección e Estratexia de Mercado
- Premio Galicia Alimentación á Innovación
- Premio Galicia Alimentación á Sustentabilidade
Para presentar a candidatura debe cumprimentarse o formulario da correspondiente categoría, dentro do cal se poderá seleccionar o premio ou premios aos que se quiere optar con cada candidatura.
Unha mesma entidade pode presentar candidatura a máis dunha categoría, así como presentar máis dunha candidatura ao mesmo premio. Por outra banda, as entidades que teñan resultado premiadas en edicións anteriores poden volver a presentar candidatura na mesma categoría da que resultaron gañadoras, ou en calquera outra.
A todas as entidades que presenten candidatura á Categoría de Produto Excelente se lles requirirá o envío de mostras, previa notificación, para que o xurado dos Premios Galicia Alimentación poida levar a cabo a avaliación de dito produto.
Ante calquera dúbida ou aclaración pódese contactar con Clusaga no correo comunicacion@clusaga.org ou no teléfono 981 556 062.
Premios Galicia Alimentación
Premios ao emprendemento, cooperación, innovación, calidade, excelencia, sustentabilidade, marketing e internacionalización no sector alimentario galego
O Clúster Alimentario de Galicia leva organizando desde o ano 2014 os Premios Galicia Alimentación co apoio de colaboradores e patrocinadores de carácter público e privado.
O obxectivo é contribuír a promocionar os produtos alimentarios e as bebidas, as estratexias, os proxectos a as empresas e institucións relacionadas, mellorando a súa imaxe e posición de xeito que adquiran relevancia tanto dentro do sector alimentario, coma da sociedade en xeral. Búscase estimular aos diferentes elementos da cadea alimentaria na produción, transformación, distribución, utilización, coñecemento e consumo destes alimentos, así como recoñecer o seu esforzo comercial, innovador e de desenvolvemento sostible.
Valórase a traxectoria empresarial ou asociativa, a transferencia de coñecementos tecnolóxicos e I+D, a sustentabilidade, o marketing, a calidade e a excelencia, tanto dos produtos coma dos procesos que permiten mellorar a calidade de vida dos consumidores e a relevancia socioeconómica nacional e internacional do sector alimentario