Proxectos e actividades de Clusaga
Roberto Alonso, xerente do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), explica neste vídeo os obxectivos e desenvolvemento do proxecto SmartLabels. Unha iniciativa interclúster, promovida polo Packaging Cluster e Clusaga, na que se explorou a viabilidade de utilizar novas tecnoloxías de impresión en etiquetas autoadhesivas para botellas de viño, como son as antenas NFC e os códigos bidimensionales invisibles unívocos.
No proxecto, que foi impulsado no marco do programa de apoio ás Agrupacións Empresariais Innovadoras do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, participaron as adegas Paco & Lola e Matarromera, o centro tecnolóxico Eurecat e o fabricante de etiquetas IPE Industria Gráfica.
I-Food 4.0. Proxectos Agrupados Industria 4.0 no sector alimentario de Galicia 2021
Daniel Durán, técnico de viticultura e innovación en Cooperativa Vitivinícola Arousá (Paco & Lola), explica nesta entrevista a experiencia da compañía no proxecto SmartLabels.
O desenvolvemento desta iniciativa, promovida por Clusaga e o Packaging Cluster no marco do programa de apoio ás Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI), permitiu testar a implementación de etiquetas intelixentes no sector vinícola.
SmartLabels, un proxecto que facilita a integración de etiquetas intelixentes no sector vinícola
Vivimos nun mundo que se move moi rápido e no que a esixencia dos mercados fai imprescindible a procura de novas ideas e fórmulas para ir un paso máis aló. Xa non basta con ter un bo produto nin con vivir nunha terra privilexiada. É hora de asumir que só o movemento constante e a procura permanente de mellora asegurarannos o resultado que nos merecemos. Feito con amor. Con coidado. Con calidade. Feito en Galicia.
Feito en Galicia. Clúster Alimentario de Galicia 2019
O proxecto europeo Nutriage, do cal o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) é socio, traballa na xeración de solucións avanzadas en investigación e innovación para mellorar a calidade de vida das persoas maiores na zona atlántica da península (Galicia e norte de Portugal) e asegurar, así, un envejecimiento saudable.
Clúster Alimentario de Galicia. Alimentando unha vida mellor.
Máis info do proxecto: https://nutriage.eu/es/
Proxecto Nutriage. Clúster Alimentario de Galicia. Alimentando unha vida mellor
Testemuños socios Clusaga
Vegalsa é unha empresa da gran distribución fundada hai máis de 60 anos que conta na actualidade con máis de 6.000 profesionais e 263 puntos de venda. Nesta entrevista, o seu director de compras, Jorge Eiroa, ademais de explicar a traxectoria da entidade, aborda o por que tomaron a decisión de ser socios do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga).
Entrevista ao Consello Regulador da DOP Mexillón de Galicia, entidade socia de Clusaga
Conservas Palacio de Oriente se constituyó en 1873, lo que la convierte en la empresa conservera en activo más antigua España. Con sede central en Vigo y planta productiva en Bueu (Pontevedra) contribuye a la promoción, potenciación, fortalecimiento y crecimiento sostenible, de la empresa gallega, tal y como explica en esta entrevista el gerente Iván Alonso-Jáudenes Curbera.
Entrevista a Freshcut, empresa socia de Clusaga
Asoporcel é a Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta. Esta entrevista con Cruz Castro, veterinaria de Asoporcel, aborda a historia e as funcións da asociación, por que se uniron ao Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e como isto lles aporta valor e apoio.
Entrevista a Aceites Abril, socios Clusaga
A Frigoríficos Arcos, empresa que comercializa a marca de polbo cocido A Pulpeira, o Clúster Alimentario de Galicia ofrécelles unha unión coas entidades do sector, que lles achega “forza, visibilidade, desenvolvemento e innovación”. Explícao o seu xerente, Daniel González, nesta entrevista na que, ademais, analiza a experiencia da compañía como socios de Clusaga e o futuro ao que se enfrontan.