Sobre o Clusaga

O Clúster Alimentario de Galicia

Analizamos os mercados, anticipamos tendencias e establecemos prioridades e estratexias de posicionamento no mercado

O sector alimentario é un dos sectores estratéxicos en Galicia tanto pola súa dimensión, como pola súa transcendencia económica e social. Neste ámbito, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) artella nunha estrutura organizada do sector alimentario galego, en senso amplo, empresas, entidades de investigación e innovación e outras organizacións, integrándoos en procesos de cooperación.

O liderado do Clúster Alimentario de Galicia baséase en transformar visións e plans en accións, atopando os medios e a enerxía para desenvolver novas ideas, coa sofisticación de estratexias empresariais, e creando solucións prácticas aproveitando as oportunidades para abordar o reto de mellorar a posición competitiva dos seus asociados, co conseguinte incremento da rendibilidade de xeito sustentable.

Excelencia en alimentos e bebidas

Por isto, o papel do Clusaga é observar o panorama xeral, analizar os mercados, anticipar tendencias e establecer prioridades e estratexias de posicionamento no mercado; impulsar a cooperación, con acordos, redes e alianzas comerciais entre as empresas e proxectos conxuntos con outros axentes. Ademais de construír o valor intanxible dunha marca, asociada a Galicia, que sexa recoñecida e valorada internacionalmente como de excelencia en alimentos e bebidas.

Obxectivos

Defínense catro obxectivos finalistas e un quinto instrumental para a potenciación da dinámica de cooperación, paralela á competencia, entre todos os axentes da cadea de valor.
  • Incorporar ás empresas do clúster á estratexia da innovación e a dixitalización.
  • Reforzar a capacidade de adaptación e o posicionamento nos mercados das empresas do clúster.
  • Incorporar ás empresas do clúster na estratexia da economía circular e a bioeconomía para favorecer a transición cara un sector máis sustentable.
  • Impulsar o desenvolvemento de novos procesos e produtos sustentables e alimentos saudables, seguros e favorecer un consumo máis responsable.
  • Consolidar o liderado do clúster no sector alimentario.

A Visión

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) configúrase como un instrumento fundamental para a mellora da competitividade das empresas.

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) configúrase como un instrumento fundamental para a mellora da competitividade das empresas. As debilidades que arrastra o sector e as ameazas ás que se enfronta, froito dos cambios na contorna, fan máis necesaria unha acción conxunta dos diversos axentes co fin de afrontar en mellores condicións as actuacións precisas baixo o liderado do Clusaga, como aglutinante do sector alimentario galego.

Deste xeito ao desenvolver unha visión e aplicala, o Clúster Alimentario de Galicia, agrupando os recursos e as competencias dos principais axentes da cadea de valor dos alimentos e bebidas, traballando nun obxectivo común de xeito máis efectivo, segundo un plan estratéxico, e establecendo as bases de accións conxuntas, aproveitando o alto potencial do sector, poderá acadar un crecemento significativo de xeito sustentable.

O Plan Estratéxico 2021-2025 recolle cinco obxectivos estratéxicos entre os que están: incorporar a las empresas del clúster a la estrategia de la innovación y la digitalización; reforzar la capacidad de adaptación y el posicionamiento en los mercados de las empresas del clúster; incorporar a las empresas del clúster en la estrategia de la economía circular y la bioeconomía para favorecer la transición cara un sector más sustentable; impulsar el desarrollo de nuevos procesos y productos sostenibles y alimentos saludables, seguros y favorecer un consumo más responsable; consolidar el liderazgo del clúster en el sector alimentario.

Estes obxectivos acadaranse mediante a execución do Plan Estratéxico, desenvolvendo as medidas e actuacións previstas, aliñado coas estratexias sectoriais a nivel autonómico, estatal e europeo, xerando un efecto de arrastre no conxunto do sector alimentario galego nos diversos ámbitos de actuación.

Plan estratéxico

Defínese en cinco eixes de actuación xerarquizados en tres eixes articuladores (eixe 1, 2 y 3), un eixe transversal (eixe 3) e un eixe instrumental (eixe 5)

EIXES ARTICULADORES

  • Eixe 1. Impulso da I+D+i e incorporación das empresas á estratexia de innovación
  • Eixe 2. Mercados e internacionalización; adaptación aos cambios no consumo e impulso de novos modelos e canles de comercialización
  • Eixe 3. Impulso da sustentabilidad e incorporación das empresas á economía circular e á bioeconomía

EIXE TRANSVERSAL

  • Eixe 4. Transformación dixital e industria 4.0, captación e formación de talento e emprendimiento

EIXE INSTRUMENTAL

  • Eixe 5. Reforzamento e proxección de Clusaga

Publicacións