Xunta directiva | Máis info
A dirección e administración da asociación serán exercidas polo/a Presidente/a, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral. A Xunta Directiva, específicamente, terá, entre outras, as seguintes atribucións:
- Programar e dirixir as actividades asociativas. Propoñendo o plan de actuación da asociación á Asemblea Xeral para a súa aprobación, impulsando e dirixindo o mesmo.
- Levar a xestión administrativa e económica da asociación. Sometendo á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual, así como o estado de contas.
- Designar as comisións de traballo ou seccións que se consideren oportunas para o adecuado funcionamento da asociación.
- Ditar normas interiores de organización e resolver sobre as solicitudes de ingreso de novos asociados.
UNITEC | Máis info
A asociación será xestionada por esta área baixo a direccion administrativa – financeira do xerente que, asemade, executará os acordos da Xunta Directiva e a actuará conforme a criterios de eficiencia e profesionalidade. Baixo a súa dependencia xerárquica ordéase o persoal, sendo responsable da organización do traballo.
Ademais será o equipo encargado do desenvolvemento técnico de todos os servizos e actividades da Asociación, baixo a direccion e control da xerencia, sempre coa adecuación destes aos fins asociativos e do impulso, en xeral, da asociación.


Roberto Alonso
Xerencia
info@clusaga.org


Ana Felgueiras
Área de proxectos europeos
europa@clusaga.org


Inés Rodríguez Hermida
Área de xestión e contabilidade
unitec@clusaga.org


Magdalena Kozak
ÁREA DE PROXECTOS EUROPEOS
projects2@clusaga.org


Noelia Dosil
Área de innovación
industria@clusaga.org


PILAR GRELA BARROS
ÁREA DE COMUNICACIÓN E MARKETING
comunicacion@clusaga.org


NURIA CASTAÑO
Área de mercados e innovación
international@clusaga.org


PERLA FERRER
ÁREA DE SUSTENTABILIDADE
circular@clusaga.org


Lorena Fernández
ÁREA DE INNOVACIÓN
innovacion@clusaga.org


XOSÉ RAMÓN VÁZQUEZ
ÁREA DE INNOVACIÓN E EMPRENDEMENTO
bff@clusaga.org
Comisión de Sostenibilidade e Economía Circular | Máis info
A Comisión de Sustentabilidade e Economía Circular da Agrupación industrial Alimentaria de Galicia é un órgano interno de carácter informativo e consultivo que se crea para impulsar a sustentabilidade ambiental e a economía circular, tal e como se recolle o eixo dous do plan estratéxico actual.
A esta Comisión correspóndenlle as seguintes funcións:
-
Organizar actividades de información e formación para os socios de Clusaga en todas aquelas cuestións relacionadas coa sustentabilidade ambiental e a economía circular.
-
Apoiar a posta en marcha de proxectos colaborativos destinados a mellorar a sustentabilidade ambiental e a adaptación a unha economía circular.
-
Divulgar boas prácticas dos socios da Agrupación industrial nestas áreas.
Comisión de Innovación e I+D | Máis info
A Comisión de Innovación é un órgano de goberno, encargado de establecer as prioridades do Clúster Alimentario de Galicia no eido da innovación, sendo o responsable de supervisar, dirixir e definir as prioridades dos grupos de traballo creados. Tamén é un foro compartido de reflexión sobre prioridades en innovación e de debate sobre o plan estratéxico e as liñas de actuación do Clusaga neste eido.
A esta Comisión correspóndenlle as seguintes funcións:
- Definir as prioridades temáticas en I+D+i para o Clúster Alimentario de Galicia
- Crear e organizar grupos de traballo nos cales se fomente a colaboración en I+D+i entre os socios do Clúster e, en xeral, dentro do sistema galego de innovación
- Analizar e orientar a estratexia do Clúster Alimentario de Galicia no ámbito da innovación
Comisión de Mercados e Internacionalización | Máis info
A Comisión de Mercados e Internacionalización é un órgano de goberno que se encarga de establecer as prioridades do Clúster Alimentario de Galicia no ámbito da comercialización.
A comisión ten por obxecto aprobar os plans de actuación relacionados cos mercados e a internacionalización, así como analizar as tendencias do entorno e asesorar sobre a estratexia de actuación e áreas prioritarias.
Ao mesmo tempo é responsable de:
- Supervisar, dirixir e definir as prioridades dos grupos de traballo que se establezan.
- Organizar actividades de información e networking para os socios de Clusaga sobre temas relacionados co marketing.
- Apoiar a implementación de proxectos colaborativos destinados a facilitar o acceso aos mercados.