Asociarse

Asociarse ao Clúster Alimentario de Galicia

Clusaga é unha organización aberta á participación das empresas cuxa actividade estea relacionada coa cadea de valor dos alimentos; así como a institucións, entidades ou organismos que desenvolvan algunha actividade académica, investigadora, económica ou social consideradas de interese para o sector alimentario galego.

O Clúster Alimentario de Galicia proporciona aos seus socios información sobre o mercado, introduce a socios potenciais da cadea de valor e a novos clientes a nivel nacional e internacional e facilita a relación institucional. Tamén impulsa o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e a formación. Así mesmo, os beneficios esperados de asociarse son a participación en actividades e proxectos conxuntos en colaboración coas empresas e organizacións máis fortes e innovadoras do sector e a mellora do posicionamento cara a novas canles e mercados.

A continuación, pode coñecer os estatutos e regulamento da asociación cos requisitos que debe cumprir unha entidade para asociarse, así como cotas de adhesión. Tamén, poderá atopar o formulario de adhesión que debe cumprimentar, asinar e enviar por correo electrónico a info@clusaga.org se ten interese en iniciar o procedemento para formar parte como socio do Clúster Alimentario de Galicia.