A innovación e a transición ecolóxica no sector da alimentación serán dous dos temas centrais do VII Foro Galicia Alimentación do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga). Para abordar estas temáticas en profundidade, a cita reunirá a expertos e profesionais dentro da industria que analizarán, debaterán e porán en común as súas reflexións e ideas acerca dos retos e o futuro do sector.
Para lograr un acercamento ao presente e ao futuro da industria, o evento ofrecerá tres ponencias e unha mesa redonda sobre estas cuestións: tendencias globais no ano 2022, a nanotecnoloxía e a súa aplicación no sector, as estratexias de futuro e o marketing de transformación social e, por último, os desafíos nunha contorna cambiante coma a actual. Todas estas temáticas serán abordadas polos seguintes relatores: a Customer Success Manager de Innova Market Insights, Marta Delgado del Río; o Chair of the Research Office no International Iberian Nanotechnology Laboratory, Lorenzo Pastrana Castro; o presidente de AGR Food Marketing e AGR Transformación Social, Mateo Blay Bertó; o director de Palafox Food & Wine, Jaime Palafox Gamir; o director de Entrepinares, José Manuel García-Bejines; a directora de Casa Grande de Xanceda; Cristina Fernández-Armesto; a directora de ODS Protein, Iría Varela Campo; e o director de Cafés Candelas, Ramón Alonso Castro.
El Foro preséntase non só coma unha oportunidade para escoitar as opinións de diferentes expertos, senon tamén coma un punto de encontro único para crear sinerxias. Aquelas persoas que queiran asistir ao encontro poderán facelo inscribíndose a través de deste formulario. O programa completo do Foro está dispoñible aquí.