A Comisión de Mercados e Internacionalización do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) reuniuse na mañá do 28 de setembro na adega Granbazán para valorar a actividade realizada ata agora en 2023 e abordar futuras actuacións.
Nomeadamente, na xuntanza tratáronse distintas cuestións do traballo que desenvolve a Área de Mercados e Internacionalización de Clusaga, destacando a planificación das accións de Internacionalización para as actividades que se executen no 2024, así como a avaliación do impacto da campaña promocional colaborativa “Na túa despensa” que vén de realizar a súa primeira acción no Mercado de Abastos de Santiago de Compostela.
A reunión tamén serviu para formalizar a incorporación de dúas empresas socias á Comisión: Grupo Lence, coa participación de Mariluz Obermeir; e Berete, con Felipe Velasco. Coa suma destas novas participacións, a Comisión de Mercados e Internacionalización acada 14 representantes de empresas socias de Clusaga.
A celebración da reunión nas instalacións de Granbazán permitiu ás persoas asistentes coñecer de preto a actividade vitivinícola desta adega da man de Cristina Domíngez, Export Manager; e Miriam Comis, responsable de enoturismo, así como degustar algúns dos viños albariños máis característicos do Salnés. O encontro finalizou cunha comida-networking na que intercambiaron inquedanzas no remate deste trimestre, e na que plantexaron novas estratexias para as accións futuras.