O pasado 12 de decembro celebrouse unha nova reunión da Xunta Directiva do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), marcada por un intenso repaso aos fitos acadados no último ano e a planificación das liñas estratéxicas que guiarán o futuro do sector alimentario en Galicia.
A xornada comezou cunha visita ao Argos Cíes, un dos buques insignia da empresa PEREIRA, que amosou o seu compromiso coa innovación e a sustentabilidade no ámbito da pesca. Posteriormente, a reunión trasladouse ás instalacións de CONXEMAR, onde se abordaron temas clave para o futuro do clúster e do sector.
A axenda da reunión incluíu puntos destacados como:
O balance de 2024 foi moi positivo para Clusaga. O clúster alcanzou máis de 200 empresas e entidades asociadas, crecemento que tamén se reflicte nun incremento da facturación, derivado dunha maior oferta de servizos adaptados ás necesidades do sector.
Entre as iniciativas máis destacadas do ano, Clusaga centrou parte da súa acción no desenvolvemento do talento no sector alimentario galego. Neste sentido, levou a cabo o Programa de Desenvolvemento Directivo para Empresas Alimentarias, realizado conxuntamente coa UIE, que formou a 20 líderes do sector, fortalecendo a capacidade de xestión nas empresas alimentarias galegas. Xunto a isto, lanzouse FoodTalent, o primeiro portal de emprego dedicado exclusivamente ao sector alimentario galego, co obxectivo de facilitar a conexión entre as empresas e os profesionais cualificados que necesitan para seguir crecendo. Esta acción, xunto coa incorporación de cursos formativos específicos, que tiveron unha excelente acollida entre os asociados, reflicte o compromiso de Clusaga por promover a formación e o desenvolvemento profesional como eixos fundamentais para fortalecer e potenciar o sector alimentario galego.
Ademais, o ano tamén estivo marcado pola posta en marcha dun programa de proveedores homologados, unha iniciativa que complementa a aposta de Clusaga polo desenvolvemento do sector, ao facilitar a colaboración entre os socios e provedores de servizos especializados. Esta acción contribúe a establecer sinerxias entre empresas do sector e provedores cualificados, favorecendo a optimización de procesos e a mellora da competitividade das empresas alimentarias galegas.
Esta serviu como punto de encontro para representantes de toda a cadea de valor do sector alimentario galego, desde a produción primaria ata a distribución e comercialización, ademais de contar coa valiosa participación das tres universidades galegas. Esta diversidade de voces reflicte o carácter integrador da Xunta Directiva de Clusaga, un órgano fundamental para asegurar que todas as perspectivas do sector estean representadas nas decisións estratéxicas.
A Xunta Directiva ten como misión programar e dirixir as actividades do clúster, asegurando unha xestión eficaz que responda ás necesidades dos asociados e do sector en xeral. Entre as súas funcións destacan a planificación das liñas de actuación anuais, como as presentadas nesta reunión, así como a análise do orzamento e o estado de contas para garantir unha xestión económica transparente. Así, o traballo realizado nesta xornada reafirma o compromiso do Clúster Alimentario de Galicia con liderar o desenvolvemento do sector, promovendo a innovación, a competitividade e a sustentabilidade. Agradecemos especialmente a hospitalidade de PEREIRA durante a visita ao Argos Cíes e a colaboración de CONXEMAR como anfitrións, exemplos da cooperación que caracteriza o noso sector.