A Xunta Directiva do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) reuniuse o mércores 22 de maio no campus de Ourense da Universidade de Vigo para facer balance e analizar as diferentes actividades realizadas.
A sesión, que contou con participación da gran maioría dos membros da Xunta Directiva, comezou cunha avaliación dos proxectos, contas e programa de actuacións do pasado ano.
A continuación, tratáronse as diferentes accións realizadas ao longo do ano 2019, entre as que destaca a posta en marcha da primeira aceleradora do sector alimentario galego, Business FactoryFood, e presentouse o informe de avaliación do plan estratéxico.
Finalmente, convocouse a Asemblea Xeral con todos os socios de Clusaga e membros da Xunta Directiva para o 20 de xuño na Cidade da Cultura de Galicia, data na que, ademais, celebrarase o Foro e Premios Galicia Alimentación 2019.
Ademais, como peche da reunión a Xunta Directiva visitou o Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI) da Universidade de Vigo co obxectivo de aumentar as colaboracións para, así, contribuír ao desenvolvemento do sector alimentario galego en materia de excelencia científica.